Modo en liña · Moi pronto
Amarracos mus en liña
Partidas con outras persoas e unha clasificación para todos.
Clasificación
Os nomes e puntuacións da clasificación son públicos. Só contan as partidas clasificatorias.
Como se calcula a puntuación
A clasificación usa un sistema tipo Elo, concretamente Glicko-2. Todos comezan en 1500 puntos. Gañas puntos se vences, e máis se o rival é mellor ca ti. Se perdes contra alguén máis débil, pérdelos.
- Provisional: con poucas partidas, a túa puntuación aínda é pouco fiable e móvese máis.
- Clasificatorias: as partidas con xente real. Se tras 25 segundos non hai xogadores suficientes, complétase con bots e esa partida deixa de contar.
- Abandonar: nunha clasificatoria conta como derrota.
Como se xoga en liña
Partida rápida
Emparellámoste con outras persoas. Se falta xente, entran bots.
Mesa privada
Crea unha mesa, comparte o seu código de 4 letras e xoga cos teus amigos.
Frases e sinais
Fálaslle ao teu compa con frases predefinidas e sinais. Non hai chat libre.
Tres plataformas
iPhone, web e Android comparten servidor e clasificación. As contas de convidado son, por agora, por dispositivo.
Datos
O modo en liña garda no noso servidor o nome de xogador que elixas, un identificador de convidado e a túa puntuación e partidas. Non pedimos correo, teléfono nin localización. Máis na política de privacidade.